A Fundación Neuroburgas de Ourense pon en marcha un programa socioeducativo pioneiro

http://www.crtvg.es/informativos/a-fundacion-neuroburgas-de-ourense-pon-en-marcha-un-programa-socioeducativo-pioneiro-3953501

Un grupo e 15 nenos e nenas con danos neurolóxicos levan nove meses participando nun programa socioeducativo pioneiro no centro da Fundación Neuroburgas en Ourense. E os resultados, din, están sendo moi positivos. A través do xogo, a terapia está conseguindo que melloren a súa autonomía e tamén as súas habilidades sociais.

Como cada mércores dende hai nove meses este grupo de cativos acode ao centro de neurrehabilitación de Neuroburgas. Aquí a través da terapia ocupacional e da logopedia están a conseguir grandes avances nas súas habilidades sociais.

O reforzo con este tipo de terapias e a coordinación coa familia e a escola din, é fundamental para mellorar as capacidades dos nenos e nenas con danos neurolóxicos.